jueves, 17 de mayo de 2018

DÍA DE... AS LETRAS GALEGAS

DÍA DAS LETRA GALEGAS 2018
MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ

O Día das Letras Galegas de 2018  dedicado á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005). A decisión adoptouse no Pleno ordinario da Real Academia Galega celebrado  na Coruña. María Victoria Moreno chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, como profesora e axiña asumiu a cidadanía en galego, idioma no que enriqueceu as nosas Letras tanto na narrativa -nomeadamente a infantil e xuvenil- como nos estudos literarios, no ensaio, na poesía e na didáctica da lingua e da literatura galegas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario