miércoles, 22 de julio de 2020

DÍAS DE VERÁN


Van 60 propostas para os dous 
meses de verán. 
Realmente a número 60 é a máis importante, non vos esquezades de cumplila!
Aí van!




1. Sopla un dente de león e pide o teu desexo!

2. Acampa ao aire libre!

3. Bucea no mar e observa aos peixiños.

4. Rie moitísimo ata que che doa a barriga!

5. Fai un picnic nun monte!

6. Arranxa algo roto.

7. Axuda a algunha persoa que o precise.

8. Se chove...baila debaixo da chuvia!

9. Bebe auga dunha fonte.

10. recoller froitas e fai marmelada ou compota, por exemplo mouras...

11. Colle unha lupa e observa un insecto.

12. Fai comidiñas con auga, terra, flores...

13. Recolle tesouros naturais: unha pedra, un pau...

14. Abraza a unha árbore.

15. Dar de comer a unha galiña ou outro animal.

16. Colle froita directamente da árbore para comer!

17. Come un iogurt sen culler!

18. Observa as estrelas e algún planeta de noite!

19. Atopa renacuajos e observa como medran.

20. Faite amigo ou amiga de alguén novo.

21. Goza dun xeado cun amigo.

22. Construe un xoguete caseiro para agasallar.

23. Cociña algo para alguén que queiras.

24. Construe un refuxio con paus.

25. Cumple, como mínimo, algún dos teus soños.

26. Dille quérote ás persoas que che importan.

27. Facer a equipaxe condo vaias de vacacións. 
28. Fai unha coroa de margaridas.

29. Dar moitos bicos, non se gastan, pero só a quen ti queiras.

30. Fai un castelo de area ou moitos.

31. Visita algún museo o máis.

32. Fai rutas de sendeirismo.

33. Fai voar unha cometa.

34. Xoga aos piratas.

35. Xoga cun mapa de verdade. 

36. Xoga ás agachadas, á pita cega...

37. Xoga soamente con paus.

38. Xoga soamente con pedras.

39. Xoga soamente con cunchas.


40. Mira libros na natureza.

41. Escoita cantar aos paxaros.

42. Fai a croqueta na area da praia, nun prado...

43. Monta en bici ou patinete.

44. Pasea de noite cunha linterna.

45. Salta as ondas do mar.

46. Salta á pata coxa.

47. Pinta cos pes.

48. Pinta un debuxo no corpo de alguén.

49. Planta unha árbore ou outra planta.

50. Colle follas caidas e prénsaas.

51. Recicla algo que foses tirar.

52. Colle limóns e fai limonada.

53. Tírate á piscina en bomba.

54. Sube a unha montaña.


55. Trepa unha árbore.

56. Tira pedras a un río.

57. Emprega unha brúxula e busca o norte.

58. Mira por un telescopio.

59. Mira por uns prismáticos.

60. SÉ FELIZ


 tamén ponche ti os teus propios deberes















No hay comentarios:

Publicar un comentario