VOLTA A CLASE
Consellos para non converter o primeiro día de colexio nun drama.
Seguir unha serie de pautas pode facer que a saúde emocional dos máis pequenos non se resinta.
Non falarlle continuamente do tema.
Coidar a entrada pola mañá.
Recollerlle dos primeiros.
Se se promete algo ao neno hai que procurar cumprilo.
Conseguir que os nenos conten algo sobre o seu día.
Se é posible, evitar o exceso de actividades extraescolares.
Con sorrisos ou bágoas. Así comeza o primeiro día de clase para miles de nenos/as. E é que, ben porque acudan por primeira vez á escola, ben porque se volva á mesma, nada como levar da mellor forma esta experiencia.
Afrontar o día a día con normalidade, gozando do traballo, dos amigos...
Mentalizarse durante os días previos á volta ao colexio.
Transmitir aos pequenos a idea de que o colexio é un lugar divertido no que aprenderán e farán novos amigos.
Partindo da base de que ese primeiro día é difícil para todos, pois supón que as vacacións terminaron e hai que volver á realidade e a rutina, xeralmente lévano peor os pais que os nenos. Aos/ nenos fáiselles difícil separarse dos seus pais porque estiveron afeitos pasar moito tempo con eles, pero alégralles ver aos seus amigos ou á súa mestra.
Así as cousas e dado a que o mal momento non só o pasan os nenos, tamén os pais, aconséllase dar o paso canto antes. O normal son os choros, pero mesmo neste día tan difícil para os nenos cremos que o senten máis os pais, especialmente os pais do nenos máis pequenos. Despois de anos de experiencia, comprobamos que canto máis pequeno é o neno mellor é a adaptación. Con todo os pais senten bastante mal ao deixar a “alguén tan pequeniño” noutras mans que non sexan as súas. As adaptacións nos nenos máis maiores conlevan máis dificultade para os pequenos, e, por tanto, tamén para os pais.
Consellos para unha volta ao cole máis fácil
Evitar o drama. Tanto nenos como pais han de regresar á rutina, tarde ou cedo. Debemos tratar de normalizar este feito, por exemplo, se o peque chora á hora da separación, tentar animarlle e lembrarlle os aspectos da escola que máis estrañou durante o verán. Non debemos darlle moita importancia a esas bágoas, para o pequeno non é un drama, só un cambio.
Manter unha actitude positiva. Os nenos aprenden por imitación, por tanto, a súa actitude fronte ao seu primeiro día ou a volta ao cole vai depender moito da nosa actitude fronte á volta ao traballo. Unha actitude positiva e enérxica transmitirá aos/ás nenos/as que aínda que se acaba o verán, van volver a pasarllo pipa cos seus amigos/as na escola ou van coñecer a quen o serán.
É recomendable que polo menos uns días antes da volta ao traballo e á escola papás e nenos vaian acomodándose aos horarios que van ter durante o ano, levantarse máis temperán, deitarse antes… son pequenos xestos que farán da volta á rutina algo máis fácil para todos.
Por último aconsellamos que durante os primeiros días fagamos paulatina a volta á rutina. Que nos deamos algún “capricho” para que non se nos faga tan difícil. Saír a cear a algún sitio, visitar algún parque infantil,…, en definitiva, facer algunha actividade en familia pode facilitarnos a adaptación aos novos horarios e darnos a opción de gozar do noso tempo libre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario