A mellor sopa do mundo faise con moito cariño
prepara os ingredientes e pon auga a ferver
TOC. TOC. TOC, TOC, TOC!
-Ola tartaruga! Podo pasar?
-Claro Coello, estou facendo sopa!
-Encántame a sopa! Toma, bótalle cenorias!
Coello, cenorias...
A mellor sopa do mundo faise con moito cariño
prepara os ingredientes e pon auga a ferver
TOC. TOC. TOC, TOC, TOC!
-Ola tartaruga! Podo pasar?
-Claro Cervo, estou facendo sopa!
-Encántame a sopa! Toma, bótalle amoras!
Cervo, amoras, coello, cenorias...
A mellor sopa do mundo faise con moito cariño
prepara os ingredientes e pon auga a ferver
TOC. TOC. TOC, TOC, TOC!
-Ola tartaruga! Podo pasar?
-Claro Raposo, estou facendo sopa!
-Encántame a sopa! Toma, bótalle cebolas!
Raposo, cebolas, Cervo, amoras, coello, cenorias...
A mellor sopa do mundo faise con moito cariño
prepara os ingredientes e pon auga a ferver
TOC. TOC. TOC, TOC, TOC!
-Ola tartaruga! Podo pasar?
-Claro Oso, estou facendo sopa!
-Encántame a sopa! Toma, bótalle mel!
Oso, mel, Raposo, cebolas, Cervo, amoras, coello, cenorias...
A mellor sopa do mundo faise con moito cariño
prepara os ingredientes e pon auga a ferver
TOC. TOC. TOC, TOC, TOC!
-Ola tartaruga! Podo pasar?
-Claro Lobo, estou facendo sopa!
-Encántame a sopa! Toma, bótalle pementos!

A MELLOR SOPA DO MUNDO!
A MELLOR SOPA DO MUNDO!
A MELLOR SOPA DO MUNDO!
Os contos ábrennos os ollos, axúdanos a comprender mellor o mundo que nos rodea, transpórtannos a outras realidades e permíten que viaxemos a outros países... sen saírmos da casa!
ARRODEA AS VOGAIS
RESUMO DO CONTO
Nun lugar escondido do bosque, unha pequena cabana tiña a luz acendida. Pola cheminea saía fume: Tartaruga estaba preparando a comida. Sorprendidos por unha tormenta de neve, varios animais refúxianse na casa de Tartaruga que, nese momento, poñía a auga a ferverpara preparar unha sopa. A medida que van chegando, os hóspedes ofrécenlle: cenorias, froitos vermellos, cebolas, mel e outros moitos ingredientes para que bote na ola. Mentres, fóra escurece e o frío chega. Dentro da casa, os convidados comparten un bo momento e colaboran na preparación da cea. Cando proban a sopa, todos cren que é a mellor do mundo e, abraiados, pensan que Tartaruga engadiu algún ingrediente especial que eles descoñecen. Ao final, Tartaruga desvélalles o seu segredo.
Pulsa en la imagen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario