lunes, 20 de julio de 2020

HORA DEL CUENTO... AS NOITES DAS MUDANZA

HORA DO CONTO AS NOITES DAS MUDANZAS. 
Autor: BRUNO PEP
Granxeiro Leiro daba voltas e máis voltas na cama, pero non podía durmir: esquecera tomar o seu vaso de leite! Ergueuse coa idea de ir muxir a vaca, pero aquela era a noite das mudanzas e, cando chegou á corte, atopou…?Con este álbum, os nenos achéganse aos animais da granxa dunha maneira distinta e divertida.
Cunha proposta de texto sinxela, mais lúdica e imaxinativa, o álbum apóiase na complicidade da imaxe e na súa intensidade narrativa para provocar nos lectores a curiosidade, a sorpresa e, finalmente, o sorriso. Un libro para que adiviñen o que vai pasar, para que recorden o que hai detrás de cada páxina.



Unha adaptación feita por Lucia Bello así coma as actividades propostas, despois Tareixa contaranos o conto en LSE e diranos como se di o nome dos animais da granxa.


Na seguinte ligazón tareixa conta o conto en LSE


A GRANXA
Aquí temos o vídeo de Tareixa para nomear os animais da granxa en LSE
ACTIVIDADES
Estas actividades estarán baseadas nas posibilidades que o libro nos ofrece para traballar o léxico e a fonoloxía, coa finalidade de mellorar a lingua oral dos nenos.Unha vez rematada a historia, farémoslles aos nenos diferentes cuestións sobre o conto que terán que responder. As preguntas que se van realizar son:

-          Por que non podía durmir o Granxeiro Leiro?
-          Quen estaba na corte da vaca?
-          Onde estaba o can?
-          Quen estaba no curro?
-          Onde estaban durmindo as ovellas?
-          En que lugar acaba durmindo o Granxeiro Leiro?

  • Clasificación dos animais.
  • Adquisición da conciencia da escritura.
  • Busca de palabras relacionadas coa granxa.
  • Identificación da palabra correcta.
  • Vocabulario básico deste tema.
  • Discriminación dos sons producidos polos animais.
  •  Clasificación dos animais.
  • Utilización da expresión oral para falar dos animais que coñecen.
VOCABULARIO


CANCIÓN 

 Esa Granxa - As Andanzas de Paio

            E PARA REMATAR ... TRABALLAMOS O CONTO






No hay comentarios:

Publicar un comentario